O PP arranca en Barbanza a súa maquinaria electoral para as municipais

BARBANZA>  Esta pasada fin de semana tiña lugar a presentación dos cabezas de lista polo partido xudicial de Noia. A intención dos populares non é outra que repetir coas alcaldías de Ribeira, Boiro, Noia, Lousame, Outes e Porto do Son, e recuperar as de Muros e a Pobra do Caramiñal. Continuidade. O PP repetirá con tódolos seus candidatos no Barbanza, á espera de coñecer o que aconteza con Rianxo. Aínda que tódalas papeletas fan pensar nunha candidatura encabezada de novo por Vanessa Martínez. Nun acto celebrado na capital barbanzá, os populares presentaron a tódolos seus cabezas de lista para as municipais de 2019. Foi nun acto presidido polo presidente provincial, Diego Calvo, e no que estiveron presentes tamén militantes e simpatizantes da formación. Na súa intervención aludíu á importancia destes comicios e do que o partido se xogará neles, apostando por mellorar os resultados acadados en 2015, e tratar de recuperar para a súa causa concellos como os da Pobra e Muros, caracterizados estes anos pola parálise e o desgoberno. Calvo destacou a valía de tódolos seus candidatos, dos que sinalou sentirse moi orgulloso, apelando á unidade e á ilusión, ademais do traballo feito por todos eles, tanto dende a oposición coma dende os gobernos municipais, durante todos estes anos. Un a un tódolos cabezas de lista foron  pasando polo escenario entre os aplausos e vítores de tódolos presentes. Serán Inés Monteagudo por Muros; Beatriz Molinos por Outes; Santiago Freire por Noia; Teresa Villaverde por Lousame; Luís Oujo por Porto do Son; Manuel Duran por Pobra; Xoán Xosé Dieste por Boiro e Manuel Ruíz por Ribeira.