A Mancomunidade do Salnés presume de solvencia económica

    CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés aprobará mañá en pleno o orzamento previsto para o vindeiro ano que ascende a 2.450.000 euros, á falla de incluír as achegas doutras administracións para investimentos. Segundo esta previsión a Mancomunidade disporá dun 5 % máis para desenvolver os servicios conxuntos dos Concellos do Salnés. A Mancomunidade do Salnés presume de solvencia económica e de ser das mancomunidades que menos déficit ten. O seu presidente Gonzalo Durán facía hoxe estas manifestacións na presentación do orzamento previsto para o vindeiro ano 2014. Con estes cartos, o ente comarcal seguirá apostando pola promoción do emprego,a prestación de servicios comúns ós Concellos da contorna, facer fincapé na promoción do Salnés como destino turístico e no comercio exterior, amais da prestación dos servicios básicos actuais como é o subministro de auga con maior eficiencia. Nesta previsión económica non se inclúen as achegas que se farán desde outras administracións para inversións e que, por lei, non poden estar reflectidas neste documento. Agárdase que con elas o incremento do orzamento supera o 5 % do exercicio anterior. Neste apartado de inversións salientan o proxecto de Dinamización de Áreas Rurais, o último pago dos terreos da EDAR de Ribadumia, proxectos a cargo do Fondo de Compensación Ambiental e outros de aforro enerxético á cargo do INEGA, como pode ser a remuda das bombas de propulsión de auga no Monte Treviscoso. Asemade continuarase ca prestación de servicios mancomunados exitosos nestes últimos tempos como é o Centro Comarcal de Información á Muller ou os servicios de bacheo, motoniveladora e limpeza de beiravías. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/orzamento.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/orzamentos_mancomunidade_2014.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí