Xuntos-Down Pontevedra quere ampliar instalacións para atender máis usuarios

PONTEVEDRA> Neste Día Internacional das persoas con Discapacidade acudimos tamén á Asociación Xuntos-Down Pontevedra, onde 99 usuarios se preparan para ter un presente e un futuro mellor. Trece deles contan arestora cun traballo no que poder seguir desenvolvendo as súas moitas capacidades. A Asociación Xuntos Down Pontevedra aproveitou este Día Internacional das Persoas con Discapacidade para dar a coñecer o traballo que desde o 19991 veñen desenvolvendo con persoas que naceron ca Síndrome de Down. En dous pisos que teñen nas rúas perpendiculares Rouco e Cobián Rofignac de Pontevedra fórmanse unhas 99 persoas para mellorar as súas capacidades psicomotoras e prepararse tamén para entrar no mercado laboral. E é que xa se avanzou moito no recoñecemento ás persoas que naceron con este trastorno xenético. Sábese que si se lles ensina axeitadamente son capaces de conseguir destacados logros. Pola tarde, os rapaces en idade escolar acoden a este centro a reforzar coñecementos namentres que polas mañás son os adultos os que se preparan para entrar no mercado laboral. Trece deles xa traballan en empresas da zona que lles deron a oportunidade que eles demandan. Con todo aínda queda moito por andar no eido da concienciación cidadá: datas como a de hoxe serven para chegar ós poucos que aínda os consideran como enfermos ou que deixan noxentas anécdotas como a de vetalos en determinados locais ou situacións. En Galicia existen a día de hoxe unhas 224.127 persoas con algunha discapacidade física, sensorial ou psíquica; 81.663 delas na provincia de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/down_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/discapacidade_031213.mp4{/flowplayer}