‘A Maleta Viaxeira’ percorrerá Pontevedra con lecturas para rachar coa violencia machista

PONTEVEDRA> Concienciar na loita contra a violencia machista dende a lectura. É o obxectivo da iniciativa posta en marcha dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Trátase da Maleta Viaxeira, que percorrerá diferentes colectivos e centros da provincia cargada con 28 obras que buscan concienciar a lectoras e lectores de cuestións como o feminismo, os roles de xénero ou a violencia machista.

Esta maleta percorrerá a provincia de Pontevedra cargada de ferramentas para loitar contra a violencia machista.

22 libros para adultos e 6 infantís compoñen, polo de momento, a carga principal desta maleta. ‘Tu haz la comida. Yo cuelgo los cuadros’, ‘Mujeres que compran flores’ ou ‘Si es amor, no duele’ son algúns dos títulos.

Esta Maleta Viaxeira, máis coñecida como Mavi, comeza a súa andaina no centro penitenciario da Lama. Dende aí percorrerá diferentes asociacións, centros de acollida e outros colectivos cada tres meses. Unha viaxe máis que necesaria, como deixan claro as cifras.

A maleta leva tamén fichas sobre as lecturas, que se farán de xeito individual ou en obradoiros, e un diario para recoller as impresións e reflexións das lectoras e lectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí