O PP é primeira forza en Pontevedra e obriga a BNG e PSdeG a negociar para reeditar o bipartito

PONTEVEDRA> En Pontevedra, o Partido Popular converteuse na forza máis votada. Despois de doce anos, a candidatura encabezada por Rafa Domínguez conseguiu o apoio suficiente para facerse con 11 concelleiros. O  BNG, segunda forza, perde dous edís, quedando nos 9. A corporación péchase cos cinco que consegue o Partido Socialista de Iván Puentes, que mellora resultados respecto do 2019. Un resultado que obriga a BNG e PSOE a volver entenderse para continuar no goberno pontevedrés.

A xornada electoral do 28 de maio non rematou con boas novas para o BNG de Pontevedra. Despois de 12 anos a candidatura encabezada por Miguel Anxo Fernández Lores perdía o apoio maioritario da veciñanza. Na vindeira corporación os nacionalistas terán 9 edís en lugar de 11.

Iso si, Fernández Lores confía en reeditar o seu pacto co Partido Socialista para manterse na alcaldía.

Hoxe o candidato do PSOE, Iván Puentes, advertía que para repetir o bipartito no concello os nacionalistas terán que sentar a negociar.

Puentes destacou os resultados do PSOE en Pontevedra. Pasan de 4 a 5 edís, nun contexto no que ademais a formación baixa de xeito xeralizado.

Tamén foi noite de celebración do Partido Popular. A formación converteuse na forza máis votada despois de 12 anos. A candidatura de Rafa Domínguez subiu dos 9 aos 11 edís.

Domínguez destacou que a formación quedou a menos de 100 votos de conseguir o seu duodécimo representante na corporación. Uns bos datos nos que ten especial peso o rural pontevedrés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí