Pouca centola e cara na Praza de Abastos do Grove

    O GROVE> Pouca centola e cara. Este é o resumo das vendas deste crustáceo no que vai de campaña na Praza de Abastos do Grove. A chegada do Nadal e a falta de capturas son as claves para que o prezo deste exquisito producto se disparase no mercado nestes últimos días. Na Praza de Abastos do Grove a venda de centola está moi por debaixo doutros anos. E é que non hai moito producto e o que hai está cotizándose a alta cada semana que pasa. Amais, a venda deste crustáceo está repartida entre os postos, co que hai que repasar varios para facerse cunha boa cantidade de centola. Os postos do Grove non só venden nesta Praza senón que moitos deles abastecen a restaurantes da comarca e mesmo envían pedidos a toda España mediante mensaxería. Cada día son máis os turistas que aproveitan as súas vacacións na Península meca para adquirir contactos para mercar marisco e peixe fresco de venda directa desde o Grove en datas destacadas. Aquí no Grove, xa se comezaron a constatar as primeiras vendas para o Nadal, aínda que a escasa suba do marisco polos festivos do ano pasado fai que a demanda anticipada para conxelar sexa, desta volta, menor. E é que en venda directa ou a distancia, a lonxa do Grove é un referente en peixes e mariscos de calidade para todo o país; aínda que como en todo, a calidade hai que pagala e a comodidade do servicio a domicilio tamén. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/centola_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/repor_venda_mariscos_nadal.mp4{/flowplayer}