PONTEVEDRA> Esta proposta do Partido Popular xa tivo resposta dende as filas socialistas. Iván Puentes insiste en que os votos do PSOE non farán alcalde a Rafa Domínguez nin darán a alcaldía ao PP. Iso si, acepta a invitación ao diálogo. Puentes asegurou que está disposto a negociar proxectos concretos para facer que Pontevedra sexa gobernable. Pero aprazou estes contactos a despois das eleccións á Xunta de Galicia, o vindeiro 18 de febreiro.
O Partido Socialista reafirmouse na súa postura sobre unha posible moción de censura co Partido Popular. Iso si, Iván Puentes ábrese ao diálogo con Domínguez para facer gobernable a cidade.
En todo caso, Puentes adiantou que estas conversas non serán antes das eleccións á Xunta de Galicia do vindeiro 18 de febreiro.
O líder socialista volveu referirse ao papel do alcalde da cidade e do BNG neste bloqueo na política municipal. Fixo un chamamento a Miguel Anxo Fernández Lores a establecer o diálogo co PSOE.
Puentes incluso apelou á militancia do BNG. Pediulles que fagan ver a realidade da situación, dixo, á cúpula do seu grupo na corporación pontevedresa.