Os cambios nas confrarías da Ría de Arousa poñen en risco a continuidade de Rañeiros

A ILLA> O cambio de dirección nas confrarías de Vilanova e Cambados pon en risco o futuro da asociación de Rañeiros. Dende a agrupación reuniranse con todos os pósitos da Ría de Arousa para tentar que a Rañeiros continúe xestionando os bancos marisqueiros da ría. De non recibir apoios, o máis probable é que a xestión volva á consellería do mar.

O pasado fin de semana tiveron lugar as eleccións nas confrarías de toda Galicia. Os resultados poden ter unha importancia significativa na Ría de Arousa. Xa que nesta ría atópase a asociación de Rañeiros, unha agrupación que xestiona os bancos de libre marisqueo e que agora pode quedar sen apoios para continuar.

A asociación conta na actualidade co apio das confrarías da Illa, do Grove, de Cambados e de Vilanova. Os cambios na dirección dos dous últimos pósitos poden facer desaparecer a Rañieiros. Aínda así, dende a asociación reuniranse con todos os patróns maiores para decidir o seu futuro.

As críticas a rañeiros veñen dadas principalmente por dous temas concretos, un deles é pola súa xestión.

Outros críticos tamén piden a división dos bancos de libre marisqueo.

Segundo o actual presidente de Raiñeiros o camiño pasa por buscar unha solución entre todos para rexenerar os bancos marisqueiros e estudar e solucionar os problemas que lles afectan.

O día 15 terán lugar as reunións nas diferentes confrarías para elixir aos seus patróns maiores. Posteriormente terá lugar a reunión de todas as confrarías para decidir a continuidade de Rañeiros. En caso de non ter apoios, a opción máis probable é que a xestión dos bancos de libre marisqueo se transfira á consellería do mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí