Amicos promove unha xornada de limpeza en Praia Xardín no marco do proxecto RE-MAR

BOIRO> O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu esta mañá a unha xornada de limpeza levada a cabo no entorno do areal de Praia Xardín en Boiro. A actividade estaba organizada pola asociación Amicos, incluída dentro do proxecto RE-MAR, de custodia ambiental para a redución de residuos nos espazos mariños protexidos das Rías Baixas de Galicia.

Usarios da asociación Amicos, na compaña de escolares do colexio Santa Baia, realizaron esta mañá unha xornada de limpeza de residuos mariños en Praia Xardín. A actividade incluíase dentro do proxecto RE-MAR. Unha proposta que busca entre outras finalidades crear conciencia da necesidade de coidar o noso ecosistema mariño.

Para conseguir esa concienciación medioambiental, dende Amicos promóvense varios tipos de acción, en colaboración con distintas entidades, como poden ser as propias confrarías, ou os colexios.

Na recollida realizada esta mañá en Praia Xardín, contaron coa presenza do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e do alcalde, José Ramón Romero. Os dous incidiron na importancia deste tipo de iniciativas, para seguir afondando na concienciación medioambiental.