A Xunta saca a licitación as obras da EDAR de Abuín

    PORTO DO SON> O Goberno Autonómico investirá máis dun millón de euros nesta actuación, que se completa tamén coa construción dunha estación de bombeo en Arnela. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras da estación depuradora de augas residuais de Abuín e dos colectores xerais de Baroña. Así llelo trasladou esta mañá a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, ó alcalde, Luís Oujo, con quen mantivo unha reunión de traballo para analizar estas actuacións, ás que a Xunta de Galicia destinará un orzamento de máis dun millón de euros. Dende a Xunta confían en que as obras poidan iniciarse xa durante o vindeiro ano 2014. Pola súa banda o alcalde amosou a súa satisfacción pola nova, xa que con esta importante actuación, o goberno sonense camiña cara o saneamento integral do municipio. As obras que serán executadas por Augas de Galicia, posibilitarán darlle solución a numerosos problemas de vertidos que se producen na rede actual, con roturas en diversos puntos. O proxecto prevé a execución dunha rede separativa de tres colectores por gravidade. Ademais executarase tamén unha nova estación de bombeo en Arnela, xunto á praia, que impulsará as augas residuais dos núcleos de Arnela e Vilar. Acompañada polo alcalde, e outros membros do equipo de goberno, a delegada tivo tempo tamén de visitar a zona na que se construirá a futura depuradora, que se situará ó oeste do núcleo de Abuín, a carón da estrada AC-550. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/delegadaterritorialedarabuin041213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/delegadaterritorialedarabuin041213.mp4{/flowplayer}