Ribeira amplía os seus fondos documentais cunha doazón de Francisco Otero

RIBEIRA> O arquivo municipal de Ribeira vén de incrementar os seus fondos grazas á doazón de Francisco Otero. Este veciño de Corrubedo cedeu numerosos documentos datados dende 1979, froito do seu traballo á fronte da asociación de veciños ‘As Dunas’ e como correspondente xornalístico.

Recuperar a historia de Corrubedo a través da súa documentación. Este é o obxectivo da doazón que vén de realizar Francisco Otero, un veciño da parroquia, que custodiaba 20 arquivadores de documentos de gran importancia

Os documentos, que datan dende 1979, consérvanse grazas á asociación de veciños As Dunas que Franscisco Otero presidía. Tamén hai fondos da súa colección persoal, froito do seu traballo xornalístico ó longo de máis de catro décadas.

Dende o concello animaron a aqueles veciños que dispoñan de documentación histórica a contactar co arquivo municipal para dixitalizar e incorporar eses fondos municipais facéndoos parte da historia do municipio. O alcalde informou ademais que dende o concello están a traballar nunha exposición fotográfico de imaxes antigas almacenadas no arquivo municipal.