Durán acusa ó Consorcio de atentar contra o libre comercio

    carta_consorcio100.jpgVILANOVA> Novo capítulo do enfrontamento entre o alcalde de Vilanova e o presidente do Consorcio de Comercio do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/condicion_consorcio_punto_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Novo capítulo do enfrontamento entre o alcalde de Vilanova e o presidente do Consorcio de Comercio do Salnés.

    O denotante nesta ocasión é unha carta remitida polo Consorcio á asociación de comerciantes Punto Vilanova, que solicitara previamente o seu ingreso nesa federación. Na misiva pónselle como condicionante inescusable que manifesten en rolda de prensa a súa oposición á implantación de grandes superficies no Salnés.

    O rexedor vilanovés considera que, con esta actitude, o Consorcio non só coacciona a Punto Vilanova senón que tamén atenta contra os principios da Comunidade Económica Europea de libre comercio. Polo tanto, remitirá a carta á Consellería de Economía e Industria para que tome medidas.

    Marcos González asegura que o Consorcio non está a cometer ningún delicto e considera absurdas as declaracións de Gonzalo Durán. Insiste en que esta federación defende o pequeno comercio e non as grandes superficies.

    Redacción Salnés