Javier Dorado é o novo presidente provincial das NNXX do PPdeG

    novasxeracionspp_100.jpgVILAGARCÍA > Este sábado celebráronse no Auditorio municipal Vilagarcía os comicios internos das novas xeracións do Partido Popular de Galicia,…

    …no que finalmente resultou escollido como presidente provincial, Javier Dorado Soto.

    Este rapaz de 19 anos recibiu os parabéns dos seus compañeiros de partido en xeral, e do seu presidente a nivel rexional, Alberto Núñez Feijóo, en particular. O presidente do PP Galego animou á canteira popular da provincial a espallar, sen enrugarse, a ideoloxía do seu partido; e a comprometerse co traballo e ca formación para evitar converterse no futuro nuns Pepiños Blanco.

    Ante este auditorio de curta idade, Núñez Feijóo defendeu a súa idea de ser galego e español como dúas realidades complementarias e inseparables. Este mesmo presidente dos populares galegos tivo a ver facer un resumo da actualidade política a nivel nacional e autonómica.

    Entre outras cousas, acusou ó actual goberno en coalición galego de gobernar con políticas de fai cinco anos, como o Prestige ou a cidade da cultura; e de aforrar cartos en pagar ás axudas polos danos causadas polas riadas o ano pasado; e en seguir incrementando as listas de espera; para logo investilos en campañas de comunicación e propaganda.

    Estas eleccións veñen a sumarse a renovación nas filas das novas xeracións de Cidades como Coruña, Ourense, Vigo e Pontevedra.

    Redacción Salnés.