Vilagarcía quere erradicar o chabolismo no concello

VILAGARCÍA> Vilagarcía quere erradica-lo chabolismo do concello. O goberno local propúxolle á Xunta un plan conxunto para elimina-los poboados de Cornazo e Berdón. A intención é realoxa-las familias en pisos, para a súa inserción na sociedade.

Vilagarcía agarda unha resposta da Consellería de Política Social sobre o seu plan de erradicación do chabolismo. O goberno local trasladoulle a súa proposta á Xunta: desmantela-los poboados de Cornazo e Berdón e realoxa-las familias en pisos.

Para levar a cabo o proxecto, o executivo local precisa da axuda do goberno galego. A Xunta, polo de agora, non deu resposta ás peticións municipais. Ravella cre que é urxente atalla-la situación canto antes, para que os centos de persoas que viven nos poboados.

O Goberno local rexeita que a súa proposta poida xerar malestar entre a veciñanza. Cre que nunha sociedade avanzada, o xusto é que as familias que a día de hoxe viven en infravivendas se poidan insertar na sociedade.

Mentres os plans do goberno local agarda, Ravella xa puxo en marcha algunha mellora nos poboados, como un reforzo na recollida e xestión de residuos.