![]()
VILAGARCÍA > Vilagarcía será unha das 28 cidades españolas que secundarán a manifestación ‘Con bici sen CO2’…
…A denominada ‘gran bicicletada’ sairá este domingo da praza de Ravella a partir das 11 da mañá para percorrer 5 quilómetros polo casco urbano.
Calcúlase que por un litro de combustible que consume un coche se emiten dous quilos e medio de CO2. E precisamente o transporte é a segunda causa do efecto invernadoiro. Son datos que puxo hoxe en evidencia Arousa en bici para promover este medio de transporte. Segundo este colectivo, só con que un 2 por cento da poboación substitúa o coche pola bicicleta se aforrarían 200 toneladas por día de dióxido de carbono nun traxecto de 3 quilómetros.
Con esta reflexión, Vilagarcía será unha das 28 cidades españolas que secundarán a manifestación ‘Con bici sen CO2’. A denominada ‘gran bicicletada’ terá lugar este domingo a partir das 11 da mañá. Na capital arousá sairá da praza de Ravella e fará un percorrido de 5 quilómetros polas rúas do casco urbano. Á altura do parque Miguel Hernández, xunta o monumento á República, plantarase un madroño. Ós participantes entregaráselles unhas cintas e uns dítpticos. Rematarase de novo en Ravella onde o xornalista Eloy Magariños lerá un manifesto e soltaranse uns globos.
‘Con bici sen CO2, non remata neste día, a organización convocou un concurso fotográfico entre tódalas bicicletadas de España. En Vilagarcía farán unha fotografía do grupo á altura do Auditorio que se remitirá á web mejorconbici.com. Do que se trata é de que isto non quede nunha mera intención.
Redacción Salnés







