Os arousáns comezan a gastar máis neste mes

    VILAGARCIA> O Nadal está a reavivar as vendas nas Rías Baixas. O ate o de agora consumo contido comeza a rexurdir, especialmente ca venda de alimentos especiais típicos destas datas, roupa e xoguetes. Os cidadáns das Rías Baixas están abrindo un pouco máis a carteira nestes días ca nos últimos tempos. A chegada do Nadal fai que todos se animen a mercar un pouco máis e productos un pouco máis caros que o resto do ano. Amais cómpre mercar outros productos propios destas datas como son os agasallos e as comidas especiais. Unha das compras principais serán os xoguetes. Este ano as vendas retrasáronse e nelas estamos a axustar máis o presuposto. Entre os xoguetes que máis se están a pedir ó Pai Noel está un modernizado Furby, un moucho resabido; e todos aqueles protagonistas de series de televisión. Para facilitar estas compras son moitos os establecementos que amplían o seu horario: as grandes áreas comerciais abren tódolos días; un listón que se antolla demasiado alto para os pequenos comerciantes pero que moitos clientes agradecen. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/furby.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/vendas_nadal_091213.mp4{/flowplayer}