Zona Aberta reparte mil euros en vales de compra por Nadal

    VILAGARCIA> A Asociación Comercial Zona Aberta de Vilagarcía ven de presentar a súa campaña de promoción de vendas de Nadal. Unha edición, a deste ano, na que se repartirán mil euros en vales de compra e na que o fío musical das rúas será substituído por tres mini-concertos en directo. A Asociación Comercial Zona Aberta de Vilagarcía presenta, como cada ano por estas datas, a súa campaña de Nadal. Nesta edición do 2013 terán aínda máis protagonismo se cabe os cativos deste Concello, posto que foron eles os creadores dos carteis promocionais. En total, Zona Aberta repartirá mil euros en vales de compra. Abonda con comprar nestas datas nos establecementos adheridos á Asociación para participar no sorteo. A maiores o día 4, un paxe real recollerá as últimas cartas para os Reis Magos na Praza de Galicia. E de aquí a aló, mediarán tres miniconcertos a cargo da ANPA Atril dos alumnos do Conservatorio, que interpretarán de xeito conxunto varios temas variados en moitos idiomas. E trala mar de fondo das últimas semanas entre o Concello vilagarcián e a Asociación comercial, a pregunta era obrigada; esta posta en escea ca presencia do edil vilagarcián supoñía un achegamento entre ámbalas dúas partes? A resposta foi cordial por ámbalas dúas partes,pero nada se dixo doutros temas pendentes entre o Goberno e os comerciantes locais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/zonaaberta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/campana_zona_aberta.mp4{/flowplayer}