Mandela, Audrey Hepburn ou Marilyn, a subasta por unha boa causa

    VILAGARCÍA> Se aínda non sabe qué agasallar este Nadal e buscan algo especial, quizáis lles interese saber que a Fundación Amigos de Galicia ten aberta unha subhasta benéfica de arte. En concreto trátase de retratos de persoeiros que marcaron una antes e un despois na historia mundial e que estes días se poden ver no Salón García de Vilagarcía. O recadado na venda destas pezas dedicarase a mercar alimentos infantís. Quizáis por actualidade, o de Nelson Mandela é o retrato que máis olladas está a acaparar nesta exposición, pero nada lle desmerecen outros pendurados ó seu carón, como Xoan Pablo II, Marilyn Monroe ou Audrey Hepburn. Todos saíron da man de Manuel Rey, artista vilagarcián que decidiu compilar estas creacións realizadas durante o seu tempo de lecer, e dedicalas a unha fin solidaria. A subhasta está aberta ata o día 20 de decembro e o certo é que moitas das pezas xa están adxudicadas. Os interesados en poxar, poden facelo vía telefónica ou ben a través do espazo que a Fundación Amigos de Galicia ten en Facebook. Toda a recadación destinarase á compra de alimentos infantís, unha das necesidades máis urxentes ás que a entidade precisa dar saída. E é que a Fundación atende ó mes a unha media de 30.000 familias de toda Galicia cuxos recursos son limitados. Grazas a iniciativas como a de Manuel Rey e á solidariedade de moitos cidadáns, estas familias poderán gozar este Nadal dunha cea algo especial. Desde a Fundación admiten que con respecto ó ano pasado aumentou o volume de familias necesitadas pero tamén a solidariedade da xente, co que conseguen manter o nivel de asistencia. Ademais, non perden de vista a axuda ós desempregados, e a través do seu servizo de asesoramento laboral xa conseguiron traballo para varias persoas. As últimas, onte mesmo, oito. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/RETRATOSFUNDAMIGOSGALICIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/SUBASTA_AMIGOS_GALICIA.mp4{/flowplayer}