A lonxa terá que readmitir os tres despedidos

    CAMBADOS> A lonxa de Cambados terá que readmitir aos tres traballadores despedidos o pasado setembro.

    A confraría tomara esta decisión tras descubrir que os empregados retiraban pequenas cantidades de marisco antes de ir a poxa, para despois vendelo presuntamento a restaurantes. Para a Xunta Xeral da Confraría estaban realizando unha actuación irregular que podía perxudicar ao pósito, xa que a ameixa carecía de trazabilidade e dun documento de rexistro. Agora, o xulgado do social número 3 de Pontevedra considera o despido nulo e improcedente. A sentenza entende que as accións nas que se basea o despedimento non merecían unha decisión tan drástica. No seu lugar, estiman que a Confraría puido recorrer a unha simple advertencia. O xuíz considera que os traballadores non tiñan a sensación de estar actuación de xeito ilícito, xa que continuaron coas súas prácticas a pesares de que sabían que o pósito instalara cámaras na lonxa. Agora a Confraría ten previsto presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que considera que se trata dun precedente moi perigoso para todos os pósitos de Galicia ao permitir prácticas irregulares entre os traballadores das lonxas.