Os viticultores despexan dúbidas sobre os abonados e a xestión do solo

CAMBADOS> Dende a súa creación, a Agrupación Profesional de Viticultores de Rías Baixas tivo claro que a formación sería unha das súas tarefas. Perseguindo este obxectivo, o ano pasado naceron as súas Xornadas de Sanidade Vexetal, que xiraron ao redor das enfermidades da madeira.

Para responder a esta necesidade, a agrupación contou cun dos maiores expertos na materia. Durante o relatorio, Enrique García recoñeceu a dificultade do tema. Coa súa intervención buscou ofrecer ferramentas ao viticultor para guiar as súas actuacións, convidando á reflexión.

Con esta iniciativa, a intención da agrupación é encher determinados baleiros que detectan nas actividades formativas dirixidas ao sector. Aínda que as analíticas de solo e os aboados figuran nos calendarios dos viticultores, son moitos os que non coñecen a fondo os procedementos e obxectivos.

Segundo Maquieira, a interpretación das análises do solo é un paso clave para conseguir aboar adaptándonos ás necesidades reais da nosa parcela. Só deste xeito acadarase o correcto equilibrio entre os nutrintes e, polo tanto, o mellor desenvolvemento do viñedo.

Dende a Agrupación están máis que satisfeitos coa acollida que están a ter as súas propostas, que xeran gran interese entre o sector vitivinícola da zona.

O que teñen claro é que estas Xornadas de Sanidade Vexetal chegan para quedarse, aproveitando un momento de parón no viñedo para que os viticultores continúen a súa formación baixo teito.