O BNG pide unha moratoria á implantación das grandes áreas comerciais

PONTEVEDRA> O BNG reclama unha moratoria, de alomenos un quinquenio, que evite a implantación de grandes áreas comerciais de xeito xeneralizado, co fin de evitar que se siga a esmagar ós pequenos comercios. É posible outro modelo comercial en Galicia tal e como constataba esta mañá na súa visita a Pontevedra o Voceiro Nacional do BNG, Xabier Vence. O BNG ven de emprender unha campaña de defensa do comercio local e en contra da instalación masiva de grandes áreas comerciais nos concellos galegos. Unha proposta de mudar o rumbo actual que os nacionalistas levarán ó Parlamento co fin de pedir unha moratoria autonómica que free a aplicación da lexislación a nivel estatal. Esta iniciativa diríxese ó Goberno Autonómico posto que é a Xunta quen ten a competencia para dar as licencias ás grandes áreas. Con todo, negan ás afirmacións vertidas nos últimos días desde o Executivo de Vilagarcía, asegurando que desde os Concellos tamén se pode obstaculizar a implantación destes centros. A presentación pública desta iniciativa tivo lugar nas rúas comerciais de Pontevedra, ó entenderen os nacionalistas que este é o modelo de cidade a seguir para fomentar a vida comunal dentro do casco urbán e evitar a introducción masiva de productos foráneos. Cabe engadir que nesta proposta que levará ó BNG ó Parlamento tamén se reivindica unha regulación dos horarios comerciais e o establecemento de liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/BNG_COMERCIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/prospota_bng_areas_comerciais.mp4{/flowplayer}