PONTEVEDRA> Concentración no Príncipe Felipe de Pontevedra. Os traballadores denunciaron esta mañá a falta de recursos e de persoal cos que conta o centro. Os educadores aseguran que están facendo as tarefas que corresponden ao persoal sanitario. Unha situación que pon en risco a súa saúde.
Coas cazarolas na man e ao ritmo de “non somos sanitarios, somos educadores”, os traballadores do Príncipe Felipe concentráronse esta mañá para denunciar a falta de medidas antiCovid adoptadas neste centro. Pola falta de persoal, os docentes aseguran estar facendo as tarefas que deberían corresponder aos traballadores sanitarios. Unha situación que pon en risco a súa saúde.
Ademais da falta de persoal, os traballadores denunciaron tamén a falta de recursos. Os educadores aseguran que en ningún momento se lles facilitou material de protección, nin sequera despois de detectar un positivo entre un dos seus residentes. Un feito que puxo en corentena a outras 13 persoas.
En canto á limpeza, tanto os traballadores como os sindicatos critican que o centro non reforzase as tarefas de desinfección e non contratase máis persoal.
Os educadores e os sanitarios do Príncipe Felipe esixen que se elabore un novo protocolo que garante a seguridade tanto dos traballadores como dos residentes. Ademais, piden que se reforce o cadro de persoal, que se adquira máis material e que se tomen máis medidas antiCovid.