O Concello de Pontevedra aproba a licenza urbanística para a reforma da estación de autobuses

PONTEVEDRA>  A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a licenza urbanística para a reforma da estación de autobuses. Esta actuación contará cun investimento de case 20 mil euros que, unidos á remodelación de toda a zona exterior, ascenderá a 6 millóns. Un paso máis para facer realidade a futura estación intermodal de Pontevedra.

Aprobada a licenza urbanística para a execución das obras de reforma da estación de autobuses. Así o anunciou esta mañá a portavoz do goberno local. Un proxecto de case 20 mil euros que, unido á remodelación integral de toda a zona exterior que levará a cabo a Xunta de Galicia, suporá un investimento total nesta área de máis de 6 millóns de euros.

Anabel Gulías lembrou que esta licenza corresponde unicamente ás obras de reforma deste edificio. A segunda fase, a que levará a cabo a Xunta de Galicia, será a que afecta a toda a zona exterior e á conexión coa estación de ferrocarril.

En total, 6.1 millóns de euros para que este proxecto, a futura estación intermodal, sexa unha realidade en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí