Pontevedra reclamará á Xunta o reembolso dos gastos sociais derivados da crise sanitaria

PONTEVEDRA> Pontevedra reclamaralle á Xunta de Galicia o reembolso do diñeiro que o Concello investiu nos últimos meses na área de Benestar Social. Uns gastos derivados da crise sanitaria e que ascenden a 400.000 euros.

Dende que comezou a pandemia no mes de marzo, o Concello de Pontevedra leva facéndose cargo de todo o gasto social derivado da crise sanitaria. Unha cantidade que ascende a case 400.000 euros. Segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde, o goberno local ten pensado reclamar á Xunta o reembolso deste importe.

Os 400.000 euros divídense en varios apartados: 200.000 euros de Axudas de Emerxencia e Axudas Covid-19, 84.000 de gastos derivados do estado de alarma, como por exemplo os albergues de Raíña da Paz e o Multiusos da Xunqueira, 30.000 para os nenos e nenas de Servizos Sociais que quedaron sen comedor escolar e 80.000 para o reparto de comida entre as persoas máis vulnerables. O que non se contempla son os case 200.000 euros que o goberno local destinou ao Servizo de Axuda no Fogar.

A esta cantidade hai que sumar o diñeiro que o Concello de Pontevedra leva investido na limpeza dos colexios e na desinfección dos parques infantís. Un importe de máis de 600.000 euros e que, segundo informou hoxe o edil nacionalista Raimundo González, tamén será reclamado á Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí