As obras da EDAR de Ribeira licitaranse antes do remate do ano

    RIBEIRA> A actuación, cun orzamento de 25 millóns de euros, permitirá dar servizo a unha poboación duns 40 mil habitantes. Van alá varios meses dende que o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, xunto co propio alcalde, Manuel Ruíz, dera a coñecer oficialmente o proxecto de construción da futura EDAR. Unha actuación enmarcada no programa de actuacións da Sociedade Estatal AcuaEs, que xa ten encomendadas outras importantes obras en Galicia como é o caso das depuradoras de Vigo e Ourense ou os abastecementos de Pontevedra e Monforte. O dito organismo, AcuaEs, será o que execute a actuación, polo que foi necesario a sinatura dun convenio de colaboración entre a Administración central e autonómica para licitar a execución desta estación depuradora, un trámite que podería levarse xa ó seu fin antes de que remate o ano. As obras da nova EDAR, que estará situada na zona de Couso, contan cun investimento duns 25 millóns de euros e dará servizo, ademais de Ribeira, ós núcleos de Aguiño, Ameixida, Revolta e Castiñeiras, en total unha poboación aproximada de 40 mil habitantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/protocoloedarribeira101213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/protocoloedarribeira101213.mp4{/flowplayer}