Rafa Domínguez é increpado por un colectivo feminista ao grito de “non tes vergonza”

PONTEVEDRA> A corporación municipal concentrouse esta mañá ás portas do Concello en repulsa contra o asasinato machista de Vilalba. Tras un minuto de silencio, os portavoces dos grupos locais manifestaron o seu apoio aos familiares da vítima. Entre eles, o voceiro do Partido Popular, que foi increpado por unha integrante do grupo feminista Batucada ao grito de “non tes vergoña”.

O popular respondía a este feito nas súas redes sociais co seguinte texto: sempre me encontraredes na mesma posición, pese a quen lle pese, a miña esquerda e a miña dereita: nin un paso atrás na loita contra a violencia machista.