Rastrillo solidario a favor de Cáritas

    NOIA> A iniciativa, que terá lugar no claustro do concello, será posible grazas á aportación dos comerciantes de Noia Histórica. O claustro do concello noiés será o escenario escollido para a realización deste rastrillo solidario a favor de Cáritas, onde o 100% do recadado irá destinado a axudar ós máis necesitados. A iniciativa, xorde da colaboración da asociación benéfica e Noia Histórica, xa que os produtos que se porán a venda ese día foron doados por socios da propia patronal noiesa. Dende Noia Histórica destacaron a importancia de levar a cabo iniciativas solidarias coma esta, dado o momento de crise actual, no que cada vez é máis necesario axudar. O presidente de Cáritas Parroquial de Noia destacou tamén as axudas que a entidade esta a recibir este ano, incrementando considerablemente as cantidades do ano anterior. Aproveitouse tamén o acto para facer pública unha das últimas aportacións recibidas. Neste caso un cheque de seiscentos euros do Club de Xubilados de Lousame. Foi o propio responsable desta última entidade, Manuel Pereira Pérez, o encargado de entregar esta importante achega. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/rastrillosolidariocaritasnoia121213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/rastrillosolidariocaritasnoia121213.mp4{/flowplayer}