Os bolseiros agradecen a oportunidade de entrar no mercado laboral

PONTEVEDRA> Nesta primeira fase foron 150 mozos de 27 especialidades distintas os que escolleron empresa na que traballar o ano que ven, en base, sobre todo, á situación xeográfica das mesmas. A acollida por parte dos demandantes foi notable: presentáronse un total de 2.462 para 424 prazas en case 379 empresas. Os 150 mozos e mozas que escolleron esta mañá a empresa na que traballarán como bolseiros o ano que ven séntense afortunados. Son persoas novas pero sobradamente preparadas: case todos teñen titulacións superiores, varios masters e destacada formación complementaria; pero fáltalles experiencia laboral; a aplicación práctica do que estudiaron nos libros e apuntes. Esta mañá escollían por orde de puntuación unha das 379 empresas que os acollera na súa plantilla no 2014. A maior parte deles escolleron as empresas de maior renome ou as que se encontran máis preto dos seus fogares para realizar estas prácticas. Todos estes bolseiros agradecen esta posibilidade de entrar no mercado laboral como bolseiros, posto que é a única forma viable de coller experiencia no traballo para o que se especializaron. E é que Galicia conta arestora cunha das xeracións mellor formadas da súa historia, pero á hora de entrar no mercado laboral todo son pegas. Case todos contaban que levan ducias de curriculums enviados sen obter ate o de agora ningunha oportunidade de inserción laboral. A titulación máis demandada foi a ADE, Administración e Dirección de Empresas, da que se adxudicaron sesenta e nove prazas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/bolseiros_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/impresions_bolseiros.mp4{/flowplayer}