A cabalgata de Lampón mantén o percorrido pero reduce a comitiva

BOIRO> Os nenos de Boiro terán ocasión de ver ós Reis Magos na tradicional cabalgata que organiza a comisión parroquial de Santiago de Lampón en colaboración co concello. Este ano a comitiva será máis curta, integrada unicamente polas carrozas dos Reis e o Nacemento.

A pesar da mala evolución do covid, a cabalgata de Boiro con máis de medio século de historia ás súas costas, non podía faltar á súa cita.

Como é habitual, sairá ás cinco dende A Madalena en Lampón,  chegará a Boiro pola rúa Principal e percorrerá a rúa peonil ata a Boqueira de A Negral.

Aínda que se mantén o percorrido, a comitiva será moito máis reducida que en anos anteriores. Tan só saíran 4 carrozas con dous integrantes cada unha.

Dende o concello fan un chamamento á responsabilidade e colaboración dos veciños para evitar aglomeracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí