A Xunta insiste no bo funcionamento dos controis do Intecmar

     BARBANZA> A alerta sanitaria orixinada en Francia podería estar provocada por un microorganismo patolóxico e non pola toxina tal e como apuntaron nun principio as autoridades francesas.

    {flowplayer}barbanza/alertasanitariamexillon.flv{/flowplayer}

    As autoridades francesas cambiaron a alerta sanitaria atribuida en principio á presenza de toxina no mexillón atribuíndo agora as intoxicacións a un microoganismo patolóxico. De confirmarse que se trata dun virus ou unha bacteria quedaría libre de toda sospeita o mexillón galego ó que nun principio se apuntaba como responsable. Algo que sempre desmentiu a Xunta de Galicia garantido o estrito cumprimento de tódolos controis sanitarios realizados polo Intecmar.

    Mensaxe tranquilidade

    A conselleira do Mar volveu mandar unha mensaxe de tranquilidade ós consumidores indicando que todo o mexillón comercializado polos cauces legais está en perfecto estado. 

    Aclaracións

    Á espera de recibir os informes, agardan que as autoridades francesas aclaren a orixe desta alerta sanitaria que nada ten que ver co mexillón galego.

    Redacción Barbanza