Ravella abre a porta a que o Arousa Fútbol 7 continúe en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Para Ravella a marcha do torneo Arousa Fútbol 7 vai máis alá do ámbito deportivo, e consideran que é un asunto político, tal e como sinalou en rolda de prensa a voceira do goberno, Tania García, quen ademais lle plantexou unha pregunta ao delegado da Xunta, Cores Tourís.

García ademais tildou de “vergoñento” a actitude, que oa seu xuízo, está tendo o Partido Popular da vila en canto a este asunto.

Ademais tanto o edil de Deportes como a voceira do goberno recoñeceron a importancia do evento para Vilagarcía, e abren a porta a que o torneo aínda se poida celebrar en Vilagarcía.

Os dous edis sinalan que aínda non teñen coñecemento de cales son as causas da marcha do torneo, se tal e como afirman dende a organización non son económicas.