Varios empresarios do Salnés son distinguidos pola APE

PONTEVEDRA> Pontevedra volveu a acoller esta fin de semana os Premio Autónomos distinguidos del Año, que organiza anualmente a APE, a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia. Ó acto acudiu o Vicepresidente da Xunta e o Presidente da Deputación de Pontevedra, entroutras autoridades. Os restaurantes Casa Solla de Poio e Tío Benito de Ribadumia, amais do xestor José Manuel Fernández e Moral Riestra Citroën, entre outros, veñen de ser galardoados co Premio Autónomos distinguidos del Año; que cada anualidade concede a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia. Con este recoñecemento os autónomos galegos queren recoñecer a labor exemplar feita por estes empresarios, e máis especialmente nestes tempos de dificultade. Quen tamén obtivo un recoñecemento foi a Deputación de Pontevedra polo seu plan de emprego que achegará de balde cincocentos empregados ás empresas privadas da Provincia. Deste xeito, xóvenes sobradamente preparados terán a súa primeira oportunidade laboral no seu. Neste acto tamén estivo brevemente o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen volveu a facer fincapé no compromiso do executivo autonómico de axilizar os pagos a proveedores, amais doutras melloras na administración. De novo este ano, a cidade escollida pola APE para celebrar a súa gran gala foi Pontevedra onde puidemos ver numerosos emprendedores de toda Galicia, e como non, da comarca do Salnés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/premios_ape.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/autonomos_pontevedra_161213.mp4{/flowplayer}