Marín converterase na capital do Kickboxing nesta fin de semana

Pontevedra> O concello de Marín acollerá a vindeira fin de semana, os días 11,12 e 13 de maio, o Campionato de España de tatami sport. Unha cita que será organizada polo A.B.P Sport de Pontevedra e na que participarán equipos das 17 comunidades de España. Preto de mil competidores asistirán a esta cita dentro das categorías infantil, cadete e junior.

Marín se prepara para celebrar a vindeira fin de semana, os días 11,12 e 13 o Campionato de España de Tatami Sport, unha cita que será organizada, nesta ocasión polo club A.B.P sport de Pontevedra.

Dende o concello amósanse contentos de poder acoller esta cita deportiva.

Unha cita onde participarán preto de 1000 competidores nas categorías infantil, cadete e junior. Os pequenos do ABP xa están listos e con moito ánimo para celebrar este campionato.

Un campionato que reunirá en Marín a equipos das 17 comunidades do noso país, a parte do persoal técnico e federativo. Unha cita que na pasada edición contou cunha afluencia de 3 mil persoas de público durante as xornadas deportivas. Así que xa o saben o pabellón Municipal de Marín acollerá a vindeira fin de semana este Campionato de España de Tatami Sport.