Nace o CAB Social, un proxecto que aposta polo deporte máis inclusivo

PONTEVEDRA> Fomentar a práctica do deporte e facelo, ademais, dun xeito inclusivo. Este é un dos obxectivos do campus de verán do Club Amigos do Baloncesto que se está a desenvolver en Pontevedra. Este ano estrearon iniciativa, o CAB Social, con usuarios dos colectivos Down Pontevedra Xuntos e Amizade. No seu marco, todos os participantes adestran xuntos, achegándose ás diferentes realidades.

Facer da práctica deportiva unha actividade inclusiva é unha aposta firme do Club de Amigos do Baloncesto. Estes días están a desenvolver o seu campus de verán estreando, ademais, novo proxecto: o CAB Social.

Na cancha non hai distincións. Os participantes do CAB e os usuarios das dúas asociacións conviven e gozan do deporte, compartindo diversión e aprendizaxe.

O proxecto é ambicioso. Este é o seu primeiro ano, pero dende o CAB xa pensan en facelo medrar. Traballan por exemplo na organización dun torneo con todas as asociación de Down Galicia.

Porque o obxectivo non é só facer deporte ou converterse no mellor xogador de baloncesto. É achegar aos participantes ás diferentes realidades.

E parece que a mensaxe está a calar ben fondo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí