O Deán: mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio

    POBRA> A directiva da entidade agradeceu esta distinción que lle será entregada nun acto oficial en Madrid a primeiros de 2014. Con gran satisfacción e ledicia recibía a xunta directiva da Asociación do Pequeno Comercio da Pobra do Caramiñal a nova deste recoñecemento por parte do ministerio de Economía. Neste caso trátase dunha mención honorífica dentro dos Premios Nacionais de Comercio de Interior, que premia o esforzo e o bo traballo desenvolto por este colectivo nos últimos anos. A entrega do galardón terá lugar nun acto oficial na sede do Ministerio a comezos do 2014, polo que membros da Xunta Directiva teñen previsto viaxar á capital do Estado para recibir tal distinción. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/centrocomercialdeanpremionacionaiscomercio131213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/centrocomercialdeanpremionacionaiscomercio131213.mp4{/flowplayer}