Clase maxistral sobre o café

    RIBEIRA> A Cámara de Comercio de Santiago, a través da súa antena local de Boiro, organizou esta tarde unha xornada formativa gratuíta sobre a figura do barista. O barista é o profesional especializado en café, Víctor Couto, ofreceu esta tarde en Ribeira unha clase maxistral sobre este produto. Gran coñecedor das diferentes variedades de café coas que traballa para crear novas e diferentes bebidas, empregando diversos tipos de leite, esencias e licores, entre outros, este profesional lugués da hostalería, é ademais asesor e formador barista da empresa Cafento. A pesar de non ter máis de 24 anos posúe unha ampla experiencia no sector, recoñecida con múltiples premios. Está titulado en servizos de restaurante e bar, foi homologado polo Fórum do Café como Xuíz Técnico e Sensorial e recoñecido como barista profesional pola Speciality Coffee Association of Europe. Á xornada, organizada pola Cámara de Comercio de Santiago, a través da súa antena local de Boiro, asistiron ó redor duns trinta hostaleiros de toda a comarca que a través desta acción formativa puideron mellorar os seus coñecementos nesta materia, profesionalizando aínda máis a súa actividade diaria. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/17/xornadacaferibeira171213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/17/xornadacaferibeira171213.mp4{/flowplayer}