O domingo despútase a X Carreira Popular Concello da Pobra

POBRA> Un ano máis, as rúas da Pobra converteranse no escenario perfecto dunha pobra de atlestimo. Chega unha das citas deportivas máis importantes da comarca, a décima edición da Carreira Popular Concello da Pobra. O ano pasado reuniu a case catrocentos participantes, e falta dun día para cerrar as inscricións xa superan os trescentos. A rúa da Paz acollerá a saída da carreira, que será a primeira proba do Circuito Arousa Norte dous mil dezaoito e que tamén pertence ó Circuíto Provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. As inscricións estarán abertas ata mañá, a través da paxina web emesports.es, cun prezo de seis euros para os adultos. A entrega de premios farase na lugar da meta, no interior da Praza Alcalde Segundo Durá, á unha e media da tarde. Ademais dos servizos médicos e fisioterapia, a organización disporá de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.