BOIRO A atuación, cun investimento de preto de corenta e un mil euros, inclúe ademais da ampliación do vial, a súa pavimentación e a instalación de tódolos servizos. Hai décadas que este camiño do Alto da Cabana precisaba dunha intervención para garantir un acceso en condicións para os veciños que residen nesta zona de Escarabote. Por esta razón, o concello de Boiro iniciou unha actuación encamiñada a ampliar esta vía que foi posible grazas á colaboración dos veciños que cederon desinteresadamente parte dos seus terreos. A esta actuación hai que engadir as obras que o executivo está a realizar nos núcleos de Sandrenzo, Quinteiro, Ribademar ou Triñáns así como outros camiños rurais que o concello ten proxectado mellorar a curto prazo. Todas estas obras están a ser financiadas con cargo ós fondos municipais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia