O concello da Pobra inicia o reparto de máscaras protectoras a toda a veciñanza

POBRA> A entrega do material faise porta a porta, por parte do voluntariado da agrupación de Protección Civil, acompañadas dun folleto informativo coas instrucións para o seu uso.

Hai uns días iniciouse o reparto das máscaras por parte dos voluntarios de Protección Civil. A entrega comezou polo polo casco urbano, dando prioridade ás zonas de edificios de vivendas, onde existen zonas comúns, e onde o risco de contaxio é maior, e completarase posteriormente polas zonas rurais do Concello.

Dende o Concello quixeron agradecer ás distintas entidades que levaron a cabo a doazón deste material.

A entrega será unha por persoa, xa que o Concello dispón de máscaras, máis ca suficientes para toda a poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí