POBRA> A liña de axudas, cun orzamento duns 500 mil euros, vai destinada a autónomos e pequenas empresas afectadas pola crise da covid.
O Concello da Pobra, adherido ó PEL Reactiva da Deputación da Coruña, destinará unha contía de preto dos 500 mil euros a axudas a autónomos e pequenas empresas da localidade. unha importante achega que lles permitirá sobrelevar mellor a crise económica provocada pola covid. Hoxe abría o prazo de solicitude que se prolongará ata o vindeiro 25 de novembro.
Dende o Concello inciden na necesidade de presentar canto antes toda a documentación, que deberá realziarse de xeito telemático a través da Sede Electrónica.
Aínda que a tramitación é sinxela, o goberno local habilitou tamén unha oficina de atención, na propia casa consistorial, para resolver calquera dúbida.