BOIRO> Os nacionalistas pídenlle ó goberno municipal o cumprimento dun acordo plenario tomado por unanimidade hai máis de dous anos.
A fonte do Careixo, en Cabo de Cruz, é un exemplo máis dos numerosos símbolos relativos á ditadura franquista que aínda se poden apreciar en Boiro. O BNG como xa fixera anteriormente en máis dunha ocasión reclama a súa retirada, instando ó executivo local a dar cumprimento da lexislación vixente neste materia.
Os nacionalistas van máis alá e solicitan tamén a institucionalización do 17 de agosto como o ‘Día da Galiza Mártir’.