Sanxenxo estuda restrinxir os aforos de cara ao verán nas súas zonas máis concorridas

SANXENXO> Sanxenxo recibiu con alivio as primeiras novas sobre a desescalada. O sector turístico da vila vai espertando e mira con esperanza a campaña de verán. Dende o concello son conscientes de que esta reapertura vai vir acompañada de medidas como o control dos aforos.

O sector turístico de Sanxenxo comeza a ver a luz. Cando xa calculaban que as perdas económicas polo impacto do coronavirus na campaña de verán poderían superar os 30 millóns de euros, os primeiros pasos na desescalada animan ao optimismo.

Por iso, Martín aposta por traballar no reforzo da Marca Sanxenxo. Achegar seguridade aos seus visitantes é fundamental, polo que o concello reforzará as medidas de limpeza e desinfección nas rúas e nos servizos públicos. Tamén plantexan outras, como establecer aforos nas zonas máis concorridas.

Ademais, o concello foi seleccionado como destino nun plan piloto para transmitir confianza ante o COVID-19. Un estudo de Segittur que busca proporcionar ferramentas globais e normalizadas para que Sanxenxo poida comunicar e distribuír dixitalmente información relevante, en detalle e actualizada sobre a situación sanitaria aos seus posibles visitantes.

O goberno local tamén elaborou un plan piloto para aplicar medidas de control nos concorridos areais do concello. O proxecto darase a coñecer mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí