A Asociación ‘Diur’ expón varios cadros en comercios da zona vella da cidade

    arte_na_rua_100_101208.jpgPONTEVEDRA > As pinturas están realizadas polos membros deste colectivo e poden verse nos escaparates das tendas.

    A Asociación de Xubilados e Prexubilados ‘Diur’ conta para esta mostra co apoio do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra. Vinte e un comercios asociados a este colectivo prestarán os seus escaparates para expoñer os cadros dende hoxe ata o vindeiro 8 de xaneiro. Son arredor de 40 pinturas realizadas por vinte artistas pertencentes á asociación.

    En canto á temática das ilustracións, do máis variada, dende bodegóns ata paisaxes ou escenas da vida cotiá. Moitos destes cadros están tamén á venda. O ano pasado foron tres as ilustracións que se mercaron, e nesta edición xa adquiriron unha.

    Este é o terceiro ano dunha mostra que está a ter moi boa acollida entre os comerciantes, xa que os cadros serven como reclamo para que os viandantes se paren a mirar os seus escaparates.

    Redacción Salnés