Un mozo de 29 anos falece na piscina municipal

    foto_piscin_100.jpgVILAGARCÍA > Un home faleceu esta tarde na piscina municipal de Vilagarcía. Os feitos aconteceron ás tres menos dez da mediodía, cando a víctima,…

    … Juan José Gonzalez Cañón, un veciño da Illa de 29 anos, nadaba nesta piscina municipal. 35 minutos despois da súa chegada ó vaso, o socorrista da piscina acudiu á socorrelo á rúa un na que se atopa inmóbil. O socorrista sacouno de inmediato da auga con axuda doutra persoa e inmediatamente, iniciou, sen éxito, as labores de reanimación cardiorespiratoria. Minutos máis tarde, chegaba ó lugar unha unidade do 061, acompañada da policía local, que nada puideron facer. Máis tarde chegaron as autoridades xudiciais que dictaminaron o traslado do cadáver a Pontevedra onde se lle está a practicar a correspondente autopsia.

    Á falta dos resultados, todo apunta a que puidera tratarse dun suposto ataque cardíaco. O agora finado era habitual desta piscina, a onde acudía tres días por semana para nadar 1.500 metros cada día. A nova conmocionaba esta tarde ós veciños da Illa de Arousa, de onde é natural e ben coñecido por ser o fillo do que foi candidato do Partido Popular nas últimas eleccións municipais.

    Esta é a primeira vez que a piscina municipal é escenario dun acontecemento semellante. Desde a empresa adxudicataria da piscina, Serviocio, indicaron que o socorrista que o atendeu está en posesión do título de primeiros auxilios e socorrismo desde o ano 2004, e que actuou conforme ó protocolo establecido para estes casos.

    Desde Ravella, tanto a Alcaldesa como a Presidenta da Fundación de Deportes seguiron o caso moi de preto e xa se puxeron en contacto ca familia para trasmitirlle o pésame e brindarlle a axuda que fose mester.

    Redacción Salnés