CALDAS> Xa está en marcha a oficina móbil da Garda Civil de apoio aos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Durante xullo e agosto haberá unha en cada provincia, percorrendo os distintos itinerarios e asistindo aos camiñantes que o precisen. A que corresponde a Pontevedra, foi presentada hoxe en Caldas.
Aqueles que percorran os distintos itineirarios cara a Santiago contarán cun apoio adicional da Garda Civil. Trátase dunha oficina móbil atención ao peregrino. As provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo contarán con cadansúa unidade. A pontevedresa foi presentada esta mañá en Caldas, no lugar de San Clemento, por onde discorre o Camiño Portugués.
A oficina estará activa durante estes meses de verán, cando se agarda unha maior afluencia de camiñantes. Entre as súas tarefas, como avanzaba o delegado do Goberno en Galicia, servir de apoio informativo aos peregrinos.
A intención do Goberno é manter este servizo tamén no verán de 2022, que tamén será Ano Santo. Polo de agora, as previsións para este verán son boas, coa apertura da mobilidade.
En total, 1.500 axentes da Garda Civil acompañarán aos peregrinos ao longo do Camiño en toda Galicia.