Vilagarcía recibe o 2014 por adiantado

    33

    VILAGARCIA> Como cada ano, Vilagarcía adiantou a toma das uvas da sorte de fin de ano. A media mañá, nunha escampada da chuvia, vilagarciáns e visitantes celebraron a chegada Aninovo. A chuvia deixou este ano unha pequena tregua, xusto á media mañá, para que os vilagarciáns puideran desfrutar da súa tradicional toma de uvas de fin de ano adiantadas; e máis especialmente neste fin de ano do Centenario. De novo este ano non faltou de nada: uvas, champaña, música, cotillón e ganas de pasalo ben. E como non, os mellores desexos para o vindeiro ano 2014, que agardamos que sexa mellor que este que deixamos atrás. No Salnés tamén Cambados se adiantou á chegada do Aninovo cunha festa infantil para os máis pequenos, con toma de doce lacasitos coincidindo cas badaladas da media mañá. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/badaladas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/uvas_vilagarcia_311213.mp4{/flowplayer}

    COMPARTIR