Negro, transparencias e paxarita, claves para lucir espectacular

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/lookfindeano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/LOOKS_FESTAS_FIN_ANO.mp4{/flowplayer} SALNÉS> Unha noite especial como esta require tamén un look especial co que deslumbrar na entrada do novo ano. Vestidos curtos para elas e traxe sastre para eles seguen a marcar a pauta das noitevellas. Os detalles son o que marcan a diferencia. Elegancia e sofisticación. Os looks que veñen para este Fin de Ano están marcados pola sinxeleza pero sen perder de vista os toques de espectacularidade que dean esa luz especial a unha noite tamén especial. Comezando polas cores, aínda que este 2013 viñeron tonalidades atrevidas coma o azulón, o negro segue a ser o rei por excelencia. Negro e vestido curto para ela. Encaixes, transparencias e plumas porán o punto ‘chic’. Se a elección do vestido perfecto é clave, saber acompañalo dos complementos axeitados aínda máis. Unha gargantilla, un anel ou unha pulseira poden completar un look espectacular ou deslucir o noso conxunto. Máis sinxela adoita ser a elección para eles, xa que se segue a optar polo clásico traxe con camisa. O único punto para a creatividade, a paxarita, pola que pouco a pouco se van decantando máis homes. Ou se non, a gravata. Iso si, en tonalidades rechamantes coas que dar o toque de graza. Parece que este ano os ánimos andan máis elevados, xa que en xeral o sector detectou un aumento no volume de vendas de traxes para lucir elegantes nestas datas especiais. Aínda que as opcións foron do máis variado. Desde a moza que busca un look rompedor para a súa primeira noitevella de festa, ata as que se decantan por prendas máis poñibles outros días do ano. E o último toque, o bolso. Un clutch ou carteiriña adoita ser o máis axeitado para un look festivo e elegante. Que vaia a xogo cos zapatos xa é outro cantar.