Rafael Louzán comparece por primeira vez no Parlamento

    SANTIAGO >  O presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu hoxe ó Parlamento galego para explicar as principais liñas do orzamento da institución para 2008.

    Louzán destacou na comparecencia a viabilidade da institución provincial.

    rafaellouzan_300_001.jpgPor primeira vez un presidente dunha deputación provincial do PPdG comparece na Comisión Terceira de Economía, Facenda e Orzamentos. Ata o de agora, so o fixera o presidente da institución provincial de A Coruña, o socialista Salvador Moreda. Rafael Louzán iniciou esta mañá a rolda de comparecencias, nun día que tamén pasará a historia por ser o primeiro no que tódolos presidentes das catro deputacións galegas acoden á cámara baixa para falar das contas que manexan. Os deputados parlamentarios presentes hoxe na comparecencia aplaudiron a decisión do titular pontevedrés. Con este xesto, dáse un paso máis no principio estatutario de colaboración e cooperación entras administracións autonómicas e a Xunta de Galicia.

    Rafael Louzán comezou a súa comparecencia defendendo a operatividade e importancia das deputacións provinciais. Uns argumentos que non convenceron ó BNG, quen cuestionou a razón de ser da institución. Para os nacionalistas, as deputacións ademais de ser un organismo obsoleto, non cumpren co seu obxectivo de investir no desenrolo dos concellos máis pequenos e rurais. Ademais tamén contan cunha importante inestabilidade financieira que se traduce en débeda pública, e supoñen unha dispersión e duplicidade de actuacións e esforzos orzamentarios.

    Dende o PSdG falouse de elementos de preocupación na xestión da institución. Din os socialistas que é preciso que a Deputación leve a cabo actuacións en campos coma os transportes públicos, e que mellore cuestións tan importantes coma a seguridade vial das estradas que son da súa competencia. Porén os socialistas non quixeron entrar a cuestionar os orzamentos e a labor da deputación xa que respetan a súa autonomía local.

    Pero por riba dos cuestionamentos sobre a necesidade das deputacións, o que importaba nesta comparecencia era coñecer as principais liñas dos investimentos que a deputación pontevedresa vai seguir no vindeiro ano cos seus orzamentos. Rafael Louzán quixo deixar claro que a súa é unha deputación solvente e que leva invertido moito nos concellos de Pontevedra.

    Redacción Salnés