Costas e concello acordan a demolición do ‘acuario’ da Compostela

    VILAGARCÍA> Os novos equipos de goberno continúan coas reunións de toma de contacto coas outras administracións. Esta mañá en Vilagarcía Alberto Varela mantivo o seu primeiro encontro coa Xefa Provincial de Costas, á que trasladou o seu desexo de recuperar a fachada marítima da vila. Ambos acordaron a demolición do Centro de Interpretación da Ría da Compostela.

    Recuperar a fachada marítima de Vilagarcía era unha das intencións que xa durante a campaña adiantaron os socialistas. Entre as medidas, o concello e Costas acordaron esta mañá a demolición do Acuario da Compostela. O Ministerio de Fomento asumirá o derrubo, e o concello buscará un novo emprazamento.

    Tamén trasladou á xefa provincial outro dos proxectos do goberno: a prolongación do carril-bici, de xeito que una Carril con Vilaxoan. Outro plan que, segundo Varela, foi ben recibido.

    Ademais destas cuestións, o rexedor vilagarcián tamén puxo a revisión do PXOM sobre a mesa. A intención de Varela é facer un estudo da fachada marítima para evitar os problemas que atopan moitos cidadáns cando queren rehabilitar vivendas en zonas de servidume de costas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/varela_costas_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/varela_costas_vilagarcia.mp4{/flowplayer}