Soben unha chea de servicios ca chegada do Aninovo

    O SALNÉS> Ca chegada do aninovo chegan tamén novos prezos. Foron moitos os servicios e productos que aproveitaron o cambio de ano para volver a incrementar o seu custe: entre eles a luz, o combustible ou a recollida do lixo. As familias do Salnés non saben xa onde máis poden aforrar para afrontar esta nova embestida da crise. Estreamos este ano novo 2014 pagando máis por productos básicos como a vivenda, a luz, o combustible ou a recollida do lixo. E é que de novo a primeiros de ano volveron a incrementarse os prezos; unha suba que as maltreitas economías dos cidadáns das Rías Baixas non saben como asumir. O gasóleo subiu 3.6 céntimos o litro, e a gasolina 2.4 en virtude do chamado como tramo autonómico dos impostos ós combustibles; o que quer dicir que só sube deste xeito en Galicia. Un incremento que o Goberno Galego xustifica en base ó céntimo sanitario; para axudar a sufragar a sanidade pública. O que non sube o goberno galego son as peaxes das autopistas súa competencia a AG55 no Val Miñor e a AG 57, de Carballo a Coruña; pero si o fan as autoestradas dependentes do Estado, como é a AP9, que une Coruña con Vigo, un traxecto que custa hoxe 15.30 euros. Sobe tamén os tren, a recollida do lixo e do IBI de xeito variable, dependendo dos Concellos, e aumenta tamén o prezo da luz nun 2.3 %. Unha porcentaxe lonxe da fixada polas empresas hidroeléctricas pero que só estará vixente no primeiro trimestre deste ano. A partires de aí, haberá que volver a ver. Así as cousas, a costa de xaneiro preséntase máis empinada ca nunca e as familias da Arousa xa non saben como facerlle fronte ós múltiples gastos. Os comerciantes das Rías Baixas aseguran que se van a ver dobremente prexudicados con estas subas: de xeito directo no pago dos impostos e de xeito indirecto, porque as novas subas virán a afogar aínda máis o consumo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/subas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/enquisa_subas_xaneiro.mp4{/flowplayer}